Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aeronaves de á fixa e rotatoria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Memoria de prácticas de laboratorio 15 A2
A3
A5
C24
C25
C26
D3
D4
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de probas parciais e dun exame final de avaliación continua 60 A2
A3
A5
C24
C25
C26
D3
D4
Presentación Presentación en clase do traballo grupal desenvolvido. 25 A2
A3
A5
C24
C25
C26
D3
D4
D6
D8
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames 

Primeira edición de actas 

(1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua:  

Para poder superar a materia na primeira edición de actas, mediante Avaliación Continua, será necesario: 

-Unha nota, no exame final de avaliación continua, non inferior a 4.0.  

-Entregar todas as prácticas e traballos da materia obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles.  

No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de EC e de 4.0. 

(2) Estudante que, tras unha autorización por parte do profesorado, renuncien á Avaliación Continua:  

A avaliación do curso na primeira edición de acta realizarase, por defecto, mediante a Avaliación Continua. 

Os estudantes que teñan unha xustificación poderán renunciar oficialmente á avaliación continua e realizar un só exame final, na data oficial. A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final. O alumno deberá superar o 5 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio. 

 A renuncia á avaliación continua debe facerse durante o primeiro mes de clase. Durante este período, presentarase o xustificante ao coordinador da materia para a súa avaliación. 

Segunda edición de actas. 

Os alumnos que non superasen a materia na primeira edición de actas poderán realizarán un exame que supoñerá o 100% da nota. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio. 

O Estatuto do Estudante Universitario, establece que o estudante universitario ten o deber de "absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade". Por iso, espérase que o alumno teña un comportamento ético adecuado. Se se detectase un comportamento pouco ético durante o curso (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados ou outros), penalizarase ao alumno cunha nota de 0,0 na proba escrita ou entregable onde se detectase devandita fraude.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000