Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Tecnoloxía aeroespacial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican

Lección maxistral: alternativamente, realizarase a través da plataforma de Campus Remoto da Universidade de Vigo.

Clases Prácticas: En lugar de efectuar prácticas grupais, mantéñense as mesmas actividades pero de forma individualizada cun contido simplificado pero mantendo todos os puntos da programación.

Seminarios: alternativamente, as titorías realizaranse de forma remota segundo o apartado de Atención Personalizadaen calquera horario acordado co alumnado.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As sesións de titoría realizaranse, alternativamente, por medios telemáticos (correo electrónico ou videoconferencia) baixo a modalidade de concertación previa.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

- Parcial 1: 20% da nota final
- Parcial 2: 20% da nota final

Actividades que o alumnado pode completar no seu domicilio:
- Actividades de teoría: Resolución de cuestións nas que o alumnado empregará os medios virtuais como internet, bibliografía da materia, apuntes para a consulta de exemplos, documentación e comprensión de cuestións sobre a materia co fin de afianzar os coñecementos. 5% da nota final
- Resolución de problemas 5% da nota final

- Exame final (50% da nota final)

Os exames parciais e finais, constarán dun cuestionario tipo test de única resposta sobre os contidos de toda a materia + Resolución de problemas nos que se esixirá a entrega do problema resolto. Calquera medio dispoñible será tido en conta para entrega das resolucións: Fotos, escáner, documento a ordenador, etc. Empregaranse as ferramentas que a Universidade de Vigo pon a disposición para dito fin.

A convocatoria de segunda oportunidade constará dun exame polo 100% da avaliación de forma remota, se fora necesario, empregando as ferramentas que a Universidade de Vigo pon a disposición para dito fin.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000