Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas cos contidos teóricos da materia.
A calificación deste ítem será a suma de:
1) Exame final de tipo test (30%)
2) Cuestionarios tipo test realizados ao longo do curso na aula (10%)
40 A1
C4
D1
D4
D5
D8
Seminario Avaliarase a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relaciondas coa resolución de exercicios e problemas da materia.
A calificación deste ítem será a suma de:
1) Exame final con problemas e/ou exercicios (40%)
2) Resolución de problemas de forma autónoma no aula (10%)
50 A1
C4
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
Prácticas de laboratorio A realización das prácticas é requisito "sine qua non" para aprobar a materia.
Ao finalizar as prácticas realizarase unha proba tipo test ou de preguntas de resposta curta sobre os contidos das mesmas.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D6
D8
D9
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, débense cumprir as seguintes condicións:

- Realizar as prácticas de laboratorio, tanto a parte presencial como a parte non presencial. 

- Obter, alomenos, 5 puntos tras contabilizar as notas de todos os ítems valorados: exame de teoría, exame de problemas, entregas e prácticas.

Ao finalizar a Parte A da materia (Temas 1 a 8, ambos inclusive) farase un exame parcial. Aqueles alumnos que superen o parcial, soamente terán que examinarse da parte B (Temas 9 a 14) nas dúas edicións de exame oficial do ano académico en curso.

Para a primeira e segunda oportunidade a avaliación será continua segundo os criterios expostos anteriormente. 

Os alumnos con responsabilidades laborais poderán optar (demostrando previamente a veracidade da situación) por unha modalidade non presencial e serán avaliados mediante a realización dun exame con dúas partes: teoría, 40%; problemas, 60%. Esta situación comunicarase ao principio do curso.

Convocatoria fin de carrera. O alumno que opte por examinarse en fin de carrera será avaliado únicamente co exame (que valerá o 100% da nota (teoría, 40%; problemas, 60%). 

As datas dos exames serán as publicadas no taboleiro de anuncios e/ou na web do Centro. O exames  realizaranse de forma presencial, salvo que a  U. de Vigo decida o contrario. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000