Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Plan de Continxencias
 
Descrición
1. MODALIDADE MIXTA
1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
1.1.1. SESIÓN MAXISTRAL.
As clases impartiranse se é posible en modo presencial e en quenda de mañán empregando aulas con capacidade suficiente para todos os alumnos. Se isto non fora viable, impartiríanse en horario habitual (mañán) e empregando os recursos do campus remoto de maneira que parte dos alumnos estarían na aula e parte nos seus domicilios. Para este fin, empregaríanse as presentacións en PowerPoint e unha tableta dixitalizadora como elemento de apoio para calquera aclaración.
1.1.2. SEMINARIOS
Os seminarios impartiranse se é posible en modo presencial e en quenda de mañán empregando aulas con capacidade suficiente para todos os alumnos. Se isto non fora viable, se impartirían en horario habitual e empregando os recursos do campus remoto de maneira que parte dos grupos estarían no aula e parte nos seus domicilios. As entregas de aula (problemas e cuestionarios), cuxa calificación forma parte da avaliación continua (sumando ata un 20%), faríanse cos alumnos presentes en cada momento no aula. Os demáis alumnos terían que facelas pero a calificación non tería efectos na nota final. En calquera caso, todos os alumnos farían o mesmo número de entregas.
1.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO
As prácticas impartiránse en modo mixto de maneira que cada alumno asistirá a 4 horas de prácticas en laboratorio e 8 horas dende o domicilio. A asistencia ao laboratorio farase en subgrupos de 6 alumnos que nunha tarde realizarán 2 prácticas de forma individual. As outras actividades programadas levaránse a cabo de maneira virtual empregando materiais audiovisuais facilitados polo profesor.
O traballo completaráse co tratamento de datos e a realización dunha proba consistente nun cuestionario de preguntas de resposta curta ou tipo test, que se faría en aula.

1.2. AVALIACIÓN
1.2.1. FIN DE CARREIRA: A avaliación en modalidade mixta será igual á da modalidade presencial, cun exame de toda a materia que terá un valor de 100% (exame de teoría, 40%; exame de problemas, 60%).
1.2.2. FIN DE CUATRIMESTRE: A avaliación de fin de cuatrimestre en modalidade mixta será igual á da modalidade presencial (exame teoría tipo test, 30%; exame problemas, 40%; problemas resoltos en aula e de forma autónoma, 10%; cuestionarios en aula, 10%; exame de prácticas, 10%). Aqueles alumnos que demostren ter responsabilidades laboráis poderán ser avaliados soamente cun exame de toda a materia cun valor do 100% (teoría, 40%; problemas, 60%).
1.2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A avaliación de segunda oportunidade en modalidade mixta será igual á da modalidade presencial (exame teoría tipo test, 30%; exame problemas, 40%; problemas resoltos en aula e de forma autónoma, 10%; test en aula, 10%; informe de prácticas, 10%). Aqueles alumnos que demostren ter responsabilidades laboráis poderán ser avaliados soamente cun exame de toda a materia cun valor do 100% (teoría, 40%; problemas, 60%).

1.3. TITORÍAS
As titorías relativas á docencia das clases tipo A (teoría) e B (seminario) realizaránse nos despachos virtuais do Profesor José Luis Alonso (despacho 53) e da Profesora Sandra Rivas (aínda sen despacho virtual) a través do campus remoto en horario de titorías e pedindo cita previa a través do correo electrónico. As titorías relativa ás prácticas (horas tipo C) seguirán o mesmo procedemento empregando o despacho virtual do Prof. Juan Carlos Parajó (despacho 1841).

1.4. OUTROS.
Facilitarase documentación e material adicional (problemas resoltos detalladamente, vídeos explicativos, píldoras, cuestionarios de autoavaliación, etc.) que axuden a conseguir os resultados de aprendizaxe asociados ás competencias obxectivo.

2. MODALIDADE NON PRESENCIAL
2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS
2.1.1. SESIÓN MAXISTRAL
As clases impartiranse en modo online e en horario habitual (mañáns). Para este fin, se empregarán as presentacións en PowerPoint e unha tableta dixitalizadora como elemento de apoio para calquera aclaración.
2.1.2. SEMINARIOS
Os seminarios impartiranse en horario habitual e empregando unha tableta dixitalizadora e demáis recursos do campus remoto. As entregas (problemas e cuestionarios) cuxa calificación forma parte da avaliación continua se farán a través do campus remoto e terán o mesmo peso na nota có que se contempla na docencia en modo mixto (ver avaliación).
2.1.3. PRÁCTICAS DE LABORATORIO
As prácticas se impartirán en modo non presencial usando o campus remoto e materiais audiovisuais elaborados polos profesores. O traballo completarase co tratamento de datos e a realización dunha proba consistente nun cuestionario de preguntas de resposta curta ou tipo test, que se faría de forma remota.

2.2. AVALIACIÓN
2.2.1. FIN DE CARREIRA: A avaliación en modalidade non presencial será igual á da modalidade presencial, cun exame de toda a materia que terá un valor de 100% (teoría, 40%; problemas, 60%).
2.2.2. FIN DE CUATRIMESTRE: A avaliación de fin de cuatrimestre en modalidade non presencial será igual á da modalidade presencial (exame teoría tipo test, 35%; exame problemas, 50%; problemas resoltos en domicilio e de forma autónoma, 5%; cuestionarios en domicilio, 5%; exame de prácticas, 5%). Aqueles alumnos que demostren ter responsabilidades laboráis poderán ser avaliados soamente cun exame de toda a materia cun valor do 100% (teoría, 40%; problemas, 60%).

2.2.3. SEGUNDA OPORTUNIDADE. A avaliación de segunda oportunidade en modalidade mixta será igual á da modalidade presencial (exame teoría tipo test, 35%; exame problemas, 50%; problemas resoltos en domicilio e de forma autónoma, 5%; test en aula, 5%; exame de prácticas, 5%). Aqueles alumnos que demostren ter responsabilidades laboráis poderán ser avaliados soamente cun exame de toda a materia cun valor do 100% (teoría, 40%; problemas, 60%).

2.3. TITORÍAS
As titorías relativas á docencia das clases tipo A (teoría) e B (seminario) realizaránse nos despachos virtuais do Profesor José Luis Alonso (despacho 53) e da Profesora Sandra Rivas (aínda sen despacho virtual) a través do campus remoto en horario de titorías e pedindo cita previa a través do correo electrónico. As titorías relativa ás prácticas (horas tipo C) seguirán o mesmo procedemento empregando o despacho virtual do Prof. Juan Carlos Parajó (despacho 1841).

2.4. OUTROS
Facilitarase documentación e material adicional (problemas resoltos detalladamente, vídeos explicativos, píldoras, cuestionarios de autoavaliación, etc.) que axuden a conseguir os resultados de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000