Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Máster Universitario en Enxeñaría Informática
 Materias
  Auditoría e Xestión da Seguridade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame. As datas de celebración figuran no apartado de outros comentarios e segunda convocatoria. Avalíanse os resultados de aprendizaxe RA01 e RA02 50 B2
B7
C7
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades, traballos e estudo por parte do estudiantes, de maneira autónoma, individualmente ou en grupo.As actividades que o/a estudante desenvolverá de maneira non presencial estarán orientadas principalmente á adquisición de coñecementos no ámbito profesional e investigador da Informática, e ao desenvolvemento dos proxectos e traballos solicitados, ben individualmente ou en grupo.

Avaliarase a realización de actividades prácticas no laboratorio. Celebraranse no transcurso das sesións presenciais. Avalíanse os resultados de aprendizaxe RA01, RA02, RA03, RA04 e RA05.
50 A3
B2
B3
B7
B9
C7
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Os
alumnos que asistan regularmente a clase, terán notas pola "Resolución
de problemas e/ou exercicios" que consistirán en
distintos exercicios prácticos que se farán de forma grupal ou
individual durante o transcurso da clase e de forma 
non
presencial. Os alumnos que non superasen (ou realizaran) ata dous destes
problemas, poden opcionalmente recuperalos mediante unha proba práctica
específica do exercicio ou exercicios a recuperar. Cando o número de
exercicios a recuperar supere os dous, deberá facer a proba práctica
para toda a materia de "Resolución de problemas e/ou exercicios
".

A proba práctica para toda a materia de "Resolución de problemas e/ou exercicios" realizarase na data oficial de exame xusto a continuación do Exame de preguntas obxectivas.

Para
superar a materia, un alumno deberá ter unha media maior ou igual a 5
puntos sobre 10 entre a proba de teoría (Exame de preguntas obxectivas) e a
correspondente avaliación práctica ("Resolución de problemas e/ou
exercicios" ou a proba práctica para a toda a materia de "Resolución de problemas e/ou exercicios
")

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

A avaliación para non
asistentes será equivalente á avaliación para asistentes cando o alumno
ausentouse á realización de máis de dúas "Resolucións de problemas e/ou
exercicios". Por tanto, deberá realizar o "Exame de preguntas obxectivas" 
e a correspondente avaliación da proba práctica para toda a materia de "Resolución de problemas e/ou exercicios". Dita proba consistirá nunha proba individual
para facer exercicios similares aos executados polos estudantes
asistentes. As datas de celebración figuran máis abaixo. Resultados de aprendizaxe:
RA01, RA02, RA03, RA04 e RA05.

Para superar a materia, un alumno deberá ter unha media maior ou igual a 5 puntos sobre 10 entre as dúas probas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase
o mesmo sistema de avaliación aplicado a primeira edición das actas
conservando as notas da "Resolución de problemas e/ou exercicios".

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

A nota que figurará en actas será o resultado da media entre o Exame de preguntas obxectivas e a "Resolución de problemas e/ou exercicios" ou proba práctica da materia de "Resolución de problemas e/ou exercicios".

DATAS DE AVALIACIÓN

O
calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de
Centro da ESEI atópase publicado na páxina web
http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000