Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Programación II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada tema terá unha proba individual, coa que se pretende comprobar se o alumno alcanzou os obxectivos do devandito tema. Existirán tres probas, unha por tema (bloque), valendo cada proba un 15% da nota final (en total 45%). Resultados: RA1.
Realizaranse tarefas continuas en grupo (ou individuales) para a resolución de pequenos problemas de programación correspondentes a todos os temas de contidos da materia (en total 25%). Resultados: RA2, RA3, RA4.
70 A2
A4
B8
B9
C4
C5
C14
C28
D5
D6
D7
D8
D10
D11
D14
Práctica de laboratorio Realizarase unha proba individual de programación, coa cal se pretende avaliar a capacidade do alumno ante o desenvolvemento de software de calidade.
Resultados: RA1, RA2, RA3.
30 A2
A4
B8
B9
C4
C5
C14
C28
D5
D6
D7
D8
D10
D11
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS 

Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que seguen a materia de forma presencial e por
tanto deberán de seguir o procedemento de avaliación descrito anteriormente. 
Se un estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselles unha cualificación de 0 nelas. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 

Proba: Resolución de problemas e/ou exercicios 
Descrición: Cada tema terá unha proba individual, coa que se pretende comprobar se o alumno alcanzou os obxectivos do
devandito tema. Existirán tres probas, unha por tema, valendo cada proba un 15% da nota final. 
% Cualificación: 45 % 
Competencias Avaliadas: CB2, CB4, CG8, CE4, CE5, CE14, CT6, CT7, CT8,
CT11, CT14 
Resultados de Aprendizaxe avaliados: RA1 

Proba: Práctica de laboratorio 
Descrición: Realizarase unha proba individual de programación, coa cal se pretende avaliar a capacidade do alumno ante o
desenvolvemento de software de calidade. 
% Cualificación: 55 % 
Competencias Avaliadas: CB2, CB4, CG8, CG9, CE4, CE5, CE14, CE28, CT5,
CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT14 
Resultados de Aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA 

Aplicarase o mesmo sistema de avaliación para non asistentes

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS 

Para aplicar as porcentaxes especificadas é necesario obter en calquera proba unha nota igual ou superior a 4 (sobre 10).

Independentemente da convocatoria, en caso de non superar algunha parte da avaliación pero a puntuación global fose
superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4. 

DATAS DE AVALIACIÓN 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020/2021. 

OBSERVACIÓNS 

Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do
artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o
deber de "Abstenerse de la utilización o cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los
trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000