Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Informática: Programación I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, coas que se pretende comprobar se se alcanzaron as competencias da materia. Farase unha proba por cada tema.
Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA4, RA5.
20 A2
B8
B9
C3
C4
C5
C12
C13
D5
D7
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de programación coas que se pretende comprobar se o alumnado alcanzou as competencias da materia.
- Contidos teóricos (2 probas, 15% cada unha).
- Contidos prácticos (2 probas, 20% cada unha).
- Proxecto persoal (10%).
Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5.
80 A2
B8
B9
C3
C4
C5
C12
C13
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o
alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou electrónicos e
ordenadores portátiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do
artigo 13.2.d) do Estatuto del Estudiante Universitario, relativo aos
deberes do estudantado universitario, que establece o deber de
"Abstenerse de la utilización o la cooperación en procedimientos
fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se
realicen o en documentos oficiales de la universidad".

CRITERIOS DE AVALIACIÓN - PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

  • ALUMNADO ASISTENTE

O
alumnado que realice algunha actividade avaliable, calquera que sexa o
tipo, seguirá o procedemento de avaliación coas metodoloxías reflectidas
na táboa indicada no apartado de avaliación. Ademais, deberá subir obrigatoriamente unha foto tipo carné ao perfil da plataforma Faitic ao principio do curso.

Se un/ha estudante
abandona a avaliación continua para asistentes tendo sido xa avaliado/a
dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a
convocatoria, e non poderá optar na mesma pola modalidade de non
asistente.

  • ALUMNADO NON ASISTENTE

- Exame de preguntas obxectivas:
proba que inclúe preguntas con diferentes alternativas de resposta, coa
que se pretende comprobar se se alcanzaron as competencias da materia.

- Porcentaxe na cualificación: 20%.

-
Competencias avaliadas: CB2, CG8, CG9, CE3, CE4, CE5, CE7, CE12, CT5, CT7, CT8.

- Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA4, RA5.

- Resolución de problemas e/ou exercicios: proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou

exercicios nun tempo/condicións establecido/as, coa que se pretende comprobar se se alcanzaron as competencias da materia. Dúas probas:

  1. Contidos teóricos (30%).
  2. Contidos prácticos (50%).

- Porcentaxe na cualificación: 80%.

-
Competencias avaliadas: CB2, CG8, CG9, CE3, CE4, CE5, CE7, CE12, CT5, CT7, CT8.

- Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5.



CRITERIOS DE AVALIACIÓN - SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para alumnado non asistente.


PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independentemente da convocatoria, para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou

superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na
avaliación. En caso de que a cualificación resultante sexa igual ou
superior a 5,
pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final máxima
poderá ser de ata 4 (SUSPENSO).


DATAS OFICIAIS DE PROBAS DE AVALIACIÓN

O
calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de
Centro da ESEI atópase publicado na páxina web  http://esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000