Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Análise matemático
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

ESCENARIO 1: DOCENCIA MIXTA
Debido a situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizarase Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
ESCENARIO 2: DOCENCIA NON PRESENCIAL
Debido a situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, utilizarase Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

Se as prácticas de laboratorio non se puidesen realizar presencialmente, ó tratarse de prácticas de ordenador usando o software libre e multiplataforma Maxima, serían realizadas a distancia polo alumnado e evaluadas de forma online mediante a plataforma de teledocencia.

Ademais, estableceranse as medidas oportunas para facilitar ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade. Ditas medidas inclúen o uso de Moodle para que o alumnado poida seguir a asignatura e participar na evaluación continua de forma online e asíncrona.

== MECANISMO NON PRESENCIAL DE ATENCIÓN AO ALUMNADO (TITORÍAS) ==

En todas as modalidades as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, Campus Remoto, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

=== BIBLIOGRAFÍA ADICIONAL PARA FACILITAR O AUTO-APRENDIZAXE ===

Franco-Leis, D. y Ruiz-Virumbrales, L. M., Ejercicios resueltos de Matemáticas I. Cálculo Infinitesimal, Sanz y Torres, 2009. ISBN: 978-8496808089.

Juan de Burgos Román, 203 Test de Cálculo de una Variable Real: Enunciados, Respuestas y Justificación, García Maroto Editores, 2010. ISBN: 978-8493750992
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000