Seminario |
Asesoramento grupal, pero tamén individual, tanto das actividades que se realizan autonomamente, como as que se realizan na aula, e precisen de apoio. |
Traballo tutelado |
O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do estudantado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo ou pola estudante. |