Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Plan de Continxencias
 
Descrición

== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Para o curso 2020-2021 prevense tres posibles escenarios:
- docencia 100% presencial
- docencia mixta, con parte presencial e parte virtual
- docencia 100% virtual

Na medida en que as circunstancias o requiran poderíase pasar de forma dinámica dun escenario a outro ao longo do curso, buscando o menor impacto posible no seu desenvolvemento. Tendo en conta que o Prácticum é un compoñente profesionalizador clave nos títulos de formación do profesorado tentarase, na medida do posible, axustar as prácticas esenciais máis dificilmente substituíbles aos períodos nos que estean en activo as modalidades presencial e mixta.
Ante unha situación excepcional, e sendo conscientes de que non serán equivalentes á realización presencial, desenvolveranse as adaptacións necesarias, no grao de realización das mesmas e nos plans que o alumnado debe realizar neste período formativo. En función das circunstancias poderase fixar un mínimo na porcentaxe de realización das horas presenciais de práctica e suplirse o resto pola realización non presencial doutras actividades académicas relacionadas avaliables.


===== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

***Metodoloxías docentes que se manteñen:
As metodoloxías docentes serán as mesmas nos tres escenarios, dado que foron deseñadas para facilitar unha transferencia fluída desde un escenario a outro. En calquera caso, a única diferenza refírese ao espazo (presencial ou virtual) no que se desenvolverá a actividade. De ser necesario recorrer ao ensino virtual, total ou parcialmente, as metodoloxías previstas adaptaranse á modalidade de execución a distancia.

***Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).

***Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización poderán realizarse presencialmente e/ou no despacho virtual dos docentes, baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza. No caso dun escenario docente na modalidade a distancia, a titorización realizarase unicamente polos medios telemáticos mencionados.

***Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións nos contidos a impartir.

***Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do desenvolvemento da materia.

***Outras modificacións
Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de docencia semipresencial, ademais da docencia presencial nas aulas, a actividade docente virtual impartirase mediante Campus Integra e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar, para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
No escenario de docencia a distancia, a actividade docente realizarase exclusivamente de modo virtual.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.

***Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia para o curso 2020-21. Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, mantéñense. Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación tampouco se modifican no seu contido nin no seu modo de execución no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.

***Probas que se modifican
Para o curso 2020-2021 non hai modificacións nas probas de avaliación, agás no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que se leve a cabo a docencia.

***Novas probas
Non se prevén novas probas de avaliación.

***Información adicional
Non hai.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000