Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante |
Traballo tutelado |
Os estudantes formarán grupos para traballar e expoñer un tema monográfico de Didáctica da Matemática na Educación Infantil.
Os temas serán propostos polo profesor e escollidos polos grupos. Poden ser propostos outros temas sempre que sexan sometidos á consideración do profesor.
Cada grupo informará ao profesor do tema escollido, os integrantes do grupo e a bibliografía inicial.
Os traballos se irán asignando por rigorosa orde de solicitude. |
Obradoiro |
Exposición, coñecemento e traballo directo con diferentes xogos de regras e materiais manipulativos para a matemática na Educación Infantil.
Consulta e estudo da súa utilidade.
Apuntamentos e recollida de información que será incorporada ao caderno de traballo.
A asistencia é obrigatoria. O seu control sera mediante sinatura. |