Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aspectos didácticos e organizativos da educación especial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade
de facilitar información organizada seguindo criterios adecuados á finalidade dos
mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da
organización escolar. Así mesmo, esta metodoloxía é propicia para a participación dos
estudantes a través da formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista,
etc.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Traballo tutelado O estudante elabora un documento sobre a temática da materia, investigacion, memoria, resumos de lecturas, etc. Inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Resolución de problemas Resolver os exercicios ou problemas propostos desenrolando solucions adecuadas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información e reflexionando e interpretando os coñecimentos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000