Avaliación detallada tanto para o alumnado asistente como para o non asistente. As probas teóricas e prácticas, os traballos de aula, tutelado e demais actividades serán liberatorias. No exame final (oficial) faranse as partes que queden pendentes, no seu caso. En caso de non realizar as actividades, ou non realizar as probas correspondentes, faranse todas no exame final (oficial). Para obter un aprobado na cualificación final é CONDICIÓN NECESARIA superar as probas teóricas e prácticas. A realización das demais actividades por si soas, aínda que numericamente o permitan, non será suficiente para conseguir o aprobado final. Da mesma maneira, o aprobado da parte teórico-práctica non bastará para o aprobado final sen a realización e superación das demais actividades.
As probas teóricas e prácticas non se compensarán entre si de cara á nota final; é preciso aprobar as tres partes de maneira independente. Os contidos teórico-prácticos de cada proba serán os seguintes: na primeira, os do bloque 1; na segunda, os do bloque 2; na terceira, os do bloque3.
Ás probas parciais teórico-prácticas só se poderán presentar aqueles alumnos que entregasen unha ficha debidamente cuberta dentro do primeiro mes.
De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Nesta segunda convocatoria, xullo, e demais convocatorias extraordinarias, deberá facerse un exame global da materia. Non se conservarán as notas de eventuais partes aprobadas. Soamente se conservarán, en caso de realizarse na aula, as cualificacións das actividades das clases B. De non realizar estas actividades, deberán realizarse nese exame.
Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo que se estableza na guía docente). As mesmas condicións de avaliación xerais rexen para aqueles alumnos que, por algunha razón, non poidan asistir regularmente a clase.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade no espazo exames.
|