Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade intelectual
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Lección maxistral, traballos ou casos prácticos, actividades de aula e exame.

* Metodoloxías docentes que se modifican
As leccións maxistrais, o seguemento dos casos prácticos e as actividades de aula poderán verse modificadas na súa realización e entrega establecidas inicialmente no cronograma. As leccións maxistrais serán impartidas en sesións virtuais asincrónicas. O exame realizarase en modalidade virtual na aula de referencia establecida en cada convocatoria. A plataforma de apoio á docencia será Faitic con todos os seus recursos.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías).
Despacho virtual da profesora, campus remoto, salas de profesorado, sala 40. Contrasinal facilitado previo contacto do alumnado coa profesora a través de correo electrónico (soalgi@uvigo.es).

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai modificacións

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A dispoñible para o seguimento da materia.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non hai modificacións

* Probas pendentes que se manteñen
Non hai modificacións

* Probas que se modifican
Non hai modificacións

* Novas probas
Non hai modificacións

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000