Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Ética e deontoloxía profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Participación en clase, presentación, discusión e exposición dos traballos elaborados individualmente e/ou en grupo 30 D1
D3
D6
D9
D13
D15
Estudo de casos Estudo, análise e debate sobre casos prácticos vencellados ao temario da materia 40 D1
D3
D6
D13
D15
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame da materia sobre cuestións de relación de contenidos e razonamento. 30 D1
D3
D13
D15
D19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado presencial e non presencial ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.

Segunda convocatoria: de non ter superada algunha das probas ou actividades obxecto da avaliación, poderán recuperarse na convocatoria de xullo.

Alumnado non presencial: o alumnado que non poida asistir á clase regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir á titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: unha proba de contidos teóricos (50%) e un traballo de elaboración individual a determinar co profesor (50%).

As cualificacións obtidas nos apartados estudo de casos e análise de situacións e presentacións e exposicións dos traballos manteranse para aqueles alumnos que na convocatoria de xuño non superen a proba de resposta longa e de desenvolvemento.

As datas oficiais dos exames poden consultar na web da Facultade, no apartado Organización Académica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000