Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Estudos de casos: Traballos dirixidos polo profesor que consisten en actividades en grupo que fomentará a capacidade de observación e análise.

Traballo tutelado: Elaboración de material docente para nenos de Educación Infantil relacionado coa materia.

Resolución de problemas de forma autónoma: exercicios realizados de forma autónoma polo alumnado.

Seminarios: Análise das actividades que se propoñen relacionadas co medio natural. Os traballos poderán ser en grupo, tendo en conta as plataformas virtuais para traballar os documentos nunha nube de rede, como por exemplo Dropbox, google drive, etc..


* Metodoloxías docentes que se modifican

Lección maxistral: O temario que non se impartira en clase adaptarase a sesións virtuais, con axuda de videos e tutoriais segundo o criterio do profesor, e subiranse á plataforma Faitic.

Saídas de estudo: non se realizará a visita polo paseo do río Miño para estudar o contorno natural de Ourense.


* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías serán realizadas de forma individual por correo electrónico.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai cambio respecto á guía docente.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non hai cambio respecto á guía docente.

* Outras modificacións


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas

As probas adaptaranse en función do período no que sexa obrigado a docencia non presencial.

* Probas pendentes que se manteñen

As probas adaptaranse en función do período no que sexa obrigado a docencia non presencial

* Probas que se modifican

* Novas probas
As probas adaptaranse en función do período no que sexa obrigado a docencia non presencial. Utilizaranse as seguintes probas novas.

1. Realización de cuestionarios debidamente resoltos e enviados en data polo alumno dos contidos de cada tema.

2. Test de resposta múltiple ou verdadeiro/falso mediante a plataforma Faitic sobre os contidos da materia.


* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000