Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Traballo tutelado Planificación, elaboración e revisión de traballos realizados preferentemente en grupos reducidos de 3-5 discentes co obxectivo de asimilar dun modo práctico-teórico algunhas cuestións fundamentais do programa e de mellorar algunhas competencias transversais relacionadas coa elaboración-presentación de textos.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e o grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto. Pode realizarse de modo individual ou en grupo.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directoras dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000