Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias da natureza
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación -Claridade expositiva e capacidade de transmisión das ideas principais do traballo.
-Capacidade de síntese.
-Presentación multimedia.
-Creatividade e innovación.
20 A2
A3
A4
B2
B7
B11
C33
C40
D1
D2
D3
D16
D17
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 40 B11
C33
C36
C39
C40
D2
D7
D8
D9
D11
D13
D16
D18
D22
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita...
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B11
B12
C33
C36
C39
C40
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Exame de preguntas obxectivas O alumnado debe responder de xeito directo e breve en base aos coñecementos adquiridos sobre a materia. A proba consta de de preguntas directas sobre un aspecto en concreto. 20 B1
C33
C36
C39
C40
D1
D3
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Convocatoria de xuño:
A nota final será a media ponderada dos traballas realizados na aula(20%+20%), o caderno de prácticas e traballo de investigación (40%) e o examen (20%, sendo necesario que a nota mínima sexa un 4 sobre 10)
Convocatoria de xullo:
Poderán recuperar as competencias non adquiridas na convocatoria de final de cuadrimestre ou na correspondente ao mes
de xullo, manténdoselles a nota das probas/actividades xa superadas. 
Os estudantes que non poidan asistir a clase contarán con actividades  alternativas e farán o examen nas mesmas condicións cos presenciais.
Data do exame: Consultar a web da facultade no menú "Datas exames".

AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO NON PRESENCIAL

A) NON ASISTAN A CLASES:

1.- Procura na internet

Trátase de realizar unha procura na rede e facer unha valoración de 10 páxinas web distintas que inclúan actividades experimentais sinxelas e adecuadas para Educación Infantil.

2.- Ficha dun ser vivo

Escoller unha especie de animal (mamífero, ave, réptil, anfibio) ou vexetal (árbore) e realizar unha ficha (máximo unha páxina) onde se recollan cuestiones tipo: como é?, de que se alimenta?, onde vive? como se reproduce?, cal é a súa importancia no medio?, etc. Tes unha ficha tipo  Exemplo Ficha xabaril.pdf

3.- Unidade didáctica

Debes entregar unha unidade didáctica orixinal sobre un tema relacionado con Ciencias da Natureza e loxicamente con contidos apropiados a Educación Infantil. Considero moi importante o desenvolvemento de cada actividade proposta (obxectivos da actividade, materiais, metodoloxía e temporalización) e o material didáctico complementario que supoña cada actividade. Podes consultar o esquema da unidade didáctica no arquivo Unidade didactica.ppt

B) NON ASISTAN A PRÁCTICAS:

Caderno de prácticas

A partir da procura na internet, elaborar un caderno de prácticas na que se recollan seis experimentos sinxelos que ti debes realizar, cada un dos cales debe ter unha guía do profesor e unha guía do alumno.

Na guía do profesor debes recoller os obxectivos que se pretender conseguir coa devandita actividade (para que?), os materiais que utilizaches (con que?), o procedemento (como?) e o seguimento do mesmo (que ocorreu?). Como máximo podes utilizar dúas follas por actividade.

Na guía do alumno debes recoller a modo de debuxos os materiais que deben utilizar os alumnos e unha secuencia dos pasos máis relevantes de cada actividade elixida (máximo unha folla por actividade).

Dispós dun exemplo de guías de profesor e alumno na plataforma Tema. Busca o arquivo Exemplo guía do profesor e do alumno.pdf.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000