Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Estratexias de aprendizaxe Os estudantes que queiran superar a materia sen dificultades deben atender aos seguintes consellos: O rendemento depende do estudo continuado da materia. É case imposible asimilar toda a materia mediante o estudo intensivo ao final do curso académico. Para reforzar axeitadamente a aprendizaxe, os alumnos deben realizar individualmente os exercicios que propón o profesor, sen consultar cos compañeiros nin recorrer ao material de estudo. Os exercicios só serán eficaces de realizárense despois do estudo diario da materia impartida. É moi conveniente que as lecturas se fagan de forma reflexiva, reparando no uso da linguaxe. Deste xeito, pódese obter un coñecemento da lingua que podemos cualificar de intuitivo e que ten gran rendemento á hora de fixar as formas e as estruturas correctas dun idioma. Practicar a expresión oral resulta indispensable. Na avaliación desta destreza conta tanto a fluidez como a corrección.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000