Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Educación: Organización do centro escolar/O05G110V01203
Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade/O05G110V01302

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil/O05G110V01103
Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos/O05G110V01104

 
Outros comentarios
A proposta docente que se presenta pretende habituar aos estudiantes ao manexo correcto do vocabulario e os conceptos propios do ámbito curricular. Non se trata, polo tanto, de memorizar definicións, nomes e datas senón de comprender con claridade o significado dos termos e nocións que servirán de material de traballo nesta e noutras materias do bloque. Vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas. Os nenos e nenas pequenos precisan de mestres e mestras que saiban traballar cun estilo comprometido e alegre capaz de xerar neles ilusión por aprender cousas novas; que saiban irlles abrindo camiños novos no seu desenvolvemento. É por iso que daremos moita importancia, a través da escritura, á forma en que cada estudiante vive e sinte o mundo da infancia. As clases desta materia contarán co apoio dos materiais que estarán disposición do alumnado na plataforma de teleformación TEMA.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000