Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte dos profesores dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión dos profesores. Pode estar vinculado ao seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante e en ocasións poderán ser realizadas colaborativamente con alumnos e profesores doutras facultades e universidades.
Seminario Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramiento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Obradoiro Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do profesor ás actividades individuais e/ou en grupo que desenvolven os estudantes.
Aprendizaxe-servizo A ApS é unha metodoloxía de ensino-aprendizaxe grazas á cal o alumado pon en práctica coñecementos, desenvolve habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade. Combina dous elementos: aprendizaxe a través da experiencia e o servizo á comunidade.
A participación neste proxecto será voluntaria. Formará parte da avaliación da materia para os alumnos que desexen participar.
Presentación Presentacións/exposicións do traballo titorizado realizado en grupo sobre as diferentes temáticas traballadas na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000