Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Planificación, elaboración e revisión de traballos realizados preferentemente en grupos reducidos de 3-5 discentes co obxectivo de asimilar dun modo práctico-teórico algunhas cuestións fundamentais do programa e de mellorar algunhas competencias transversais relacionadas coa construción-presentación de textos.Elaboraranse, en principio, dous 'traballos académicos de materia' relacionados cos subtemas 1.2. e 2.3.
Seminario Planificación dos traballos tutelados con indicación do guión, formato, recursos, etc.
Resolución de problemas Preparación, realización, revisión (e eventual entrega e/ou presentación) dalgúns exercicios de aplicación/profundización, de resolución de problemas ou, no seu caso, de prácticas de análises e comentario. Así mesmo esta actividade guiada polo profesor dedicarase a orientar a interpretación adecuada dos textos comentados entregados polo profesor, resolver dúbidas sobre os textos propostos para a análise, corrixir propostas, etc.
Lección maxistral Introdución expositivo-participativa ás cuestións globais teórico-prácticas. En cada sesión haberá para os discentes unha quenda de intervencións (opinións, preguntas, réplicas...) durante polo menos quince minutos.
Traballo tutelado Planificación, elaboración e/ou presentación de propostas de solución para cuestións complexas
relacionadas cos contidos básicos do programa, desde un punto de vista práctico-teórico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000