Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Termal e de Saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Necesaria a asistencia dun mínimo do 80% das sesións na modalidade presencial 10 A1
A2
C11
C16
Seminario Resolución de casos 30 B1
B3
B4
B6
B7
B11
C11
C16
Obradoiro Resolución de casos de aula 20 C16
Resolución de problemas de forma autónoma Realización de traballo/ 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame 20 A1
A2
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade presencial. A materia require unha presencialidade na parte teórica (mínimo
80%) para poder resolver as cuestións formuladas na aula así como para
resolver o traballo da materia. Así, a nota de avaliación continua suporá
o 80% da nota final. O outro 20% corresponderá á realización dun
exame da parte teórica. Para que se teña en conta a nota de avaliación
continua é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 no
exame. En caso de non superar a avaliación continua (incluído o 80% de asistencia),
o estudante terá que facer un exame final que se corresponderá
co 100% da nota.

Na modalidade semipresencial e virtual, o estudante terá que
realizar unha aprendizaxe propia dos contidos, e a partir deles realizar as
distintas actividades que se vaian propondo na materia. A avaliación e
o control da aprendizaxe correspóndese coa cualificación media obtida nesas
actividades, sen prexuízo de que será necesario superar un exame de control
final para a súa validación.

En ambalas modalidades, no caso de non superar a
materia na convocatoria ordinaria, o estudante realizará un exame final
en xullo.

As cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efectos no curso académico no que se propoñan. A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000