Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Interior e Rural
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
En caso de que se dean circunstancias excepcionais que impidan a realización do exame de modo presencial, este realizarase de modo on-line (a través da plataforma Faitic), na mesma data e hora fixadas no calendario oficial. Igualmente, subiranse os contidos da materia e explicacións á plataforma Faitic en caso de non poder impartirse na súa totalidade de forma presencial.

As actividades a realizar durante o curso xa se deben, en todo caso e situación, entregar mediante a plataforma faitic.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención ao alumnado realizarase a través de comunicacións por e-mail e por videoconferencia (campus remoto da UVigo). Para a realización de videoconferencias será necesario acordar previamente a cita entre docente e alumno/a.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000