Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Interior e Rural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Trátase de realizar un glosario colaborativo relacionado cos contidos da materia.

Cada participante do curso deberá de contribuír como mínimo con unha achega ao glosario (definición de concepto, expresión, proceso, etc. relevante para a disciplina) e realizar tamén dous comentarios a definicións incorporadas ao glosario previamente por outros/as compañeiros/as (aclaracións, correccións, ampliacións, críticas, puntualizacións, etc. ás definicións de outros/as)
- Valorarase a oportuna escolla de termos así como a súa definición.
- Valorarase tanto o número de achegas (mínimo 1) e o número de comentarios a achegas doutros/as compañeiro/as (mínimo 2), como, fundamentalmente, a calidade, rigor e relevancia dos mesmos.
- Así mesmo, valorarase o uso de fontes de información adecuadas e rigorosas para definir os vocábulos. Neste sentido, é obrigatorio que o alumnado indique sempre as referencias das fontes empregadas.
5 B1
B2
B5
B6
B10
B11
B13
C11
C15
C17
C18
C20
C21
Resolución de problemas de forma autónoma 4 traballos ou exercicios prácticos, que versarán arredor de cada un dos temas da materia.
En cada traballo valorarase:
- Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
- Orde e coherencia de argumentos.
- Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
- Corrección formal.
- Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas.
75 B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B13
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C15
C16
C17
C20
Exame de preguntas obxectivas Proba de seguimento da adquisición das competencias e coñecementos da materia. 20 B1
B3
B6
B7
B8
C7
C8
C9
C10
C11
C15
C17
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización todos os traballos e probas indicados arriba. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.

En caso de non superar algún traballo ou proba na primeira convocatoria (xaneiro) o alumno ou alumna deberá de entregar de novo as actividades non entregadas ou non superadas, na convocatoria de xuño-xullo (data límite de entrega o mesmo día do exame, vía FAITIC, no cartafol correspondente). Igualmente deberá repetir o exame na data fixada en xuño-xullo en caso de non superar ou non presentarse ao exame de xaneiro.
O alumnado que suspenda ou deixe algunha tarefa sen realizar na primeira oportunidade tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (xaneiro). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade (xaneiro) sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9.


Alternativa b)
  • Exame global dos contidos da materia en xuño-xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.
  • Estrutura do exame do 100%:
    • Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima (7 sobre 10) nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
    • Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento, casos prácticos, exercicios, preguntas tipo tema, etc.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2020-2021. Non obstante, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. Consultade a páxina web do Máster por se hai cambios no mesmo. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na mencionada páxina web (http://www.masterturismoourense.es/)


Observación importante:
Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso na materia na convocatoria na que se detecte a copia ou plaxio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000