=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Ferramentas: no caso de docencia en modalidade non presencial, a actividade docente impartirase a través do campus remoto e a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo, sen prexuízo doutras medidas que poidan adoptarse para garantir a accesibilidade dos estudantes aos contidos docente.
*Titorías: As sesións de titoría poden realizarse por medios electrónicos (correo electrónico, videoconferencia, foros FAITIC, ...) en modalidade de concertación previa.
Metodoloxías: A "clase maxistral" presencial substitúese pola resolución de casos e problemas a través de vídeos con explicacións e a través das clases asignadas nas "aulas virtuais".
Contido: Non proceden modificacións dos contidos a impartir.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Si non é posible a avaliación presencial, realizarase unha avaliación virtual. |