Convocatoria ordinaria
Nesta asignatura realizarase unha avaliación continua do traballo realizado polo alumno.
Para superar a asignatura por avaliación contínua deben cumplirse duas condicións :
1. Acadar alomenos un 25% da nota nas tres probas realizadas (test, proba IRPF, proba IS).
2. Obter alomenos 5 puntos na suma das dúas metodoloxías de avaliación propostas (probas test e probas IRPF e IS).
A non presentación a calquera das dúas probas presenciais escritas suporá que o alumno deixa de ser avaliado en
avaliación continua. Tamén deixará de ser avaliado se non acada alomenos un 25% da nota nas tres probas realizadas (test, proba IRPF, proba IS). A nota final por avaliación continua será a suma das notas parciais obtidas ata ese momento.
Aqueles alumnos que non teñan superado a materia por avaliación continua ou non queran optar por esta vía terán a opción de presentarse a un examen
final. Este examen valerá o 100% da nota, e a calificación obtida sustituirá á obtida en avaliación continua. En caso de non
presentarse, a nota será a obtida en avaliación continua.
Convocatoria extraordinaria
A convocatoria extraordinaria consistirá nun examen final. Este examen valerá o 100% da nota.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021.
No caso de conflito ou disparidad entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
|