Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Políticas económicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Entrega de prácticas de laboratorio realizadas nos grupos GM. Haberá que entregar unha selección delas na plataforma de teledocencia Faitic. 20 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C12
C13
C14
C16
D1
D5
Seminario Entrega de exercicios realizados nos grupos GP. Haberá que entregar unha selección deles na plataforma de teledocencia Faitic. 10 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C12
C13
C14
C16
D1
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. 70 B1
B2
B5
B13
B14
C2
C13
C14
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Edición de xuño de 2021:

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción A: O estudante pode
acollerse ao sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase
que o alumno se acolle a este sistema  de avaliación continua cando se
presente a probas que en conxunto representen como mínimo un 50% na nota final.

Anunciarase a principio de cuatrimestre un cronograma onde aparecen as datas das
distintas probas de avaliación continua.

Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a obriga
de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic antes da primeira proba de
avaliación e de acceder regularmente á plataforma de teledocencia, para estar
así ao corrente das novidades que se produzan.

Opción B: O estudante que non se
acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización
dun exame final de carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes
ponderacións: proba de preguntas de desenvolvemento (70%) e proba de resolución
de exercicios (30%).

Recuperación:

- Edición de xullo de 2021:

Novamente haberá dúas posibilidades de avaliación:

Opción A: Os estudantes que se
acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas da parte
de exame de preguntas de desenvolvemento (70%), prácticas con apoio das TIC (20%)
e seminario (10%).

Os alumnos poderán subir nota nunha ou en ambas partes: Proba de preguntas
de desenvolvemento (70%) e proba de resolución de exercicios (30%). A proba de
resolución de exercicios (30%) e un exame de recuperación que substitúe á parte
práctica entregable na avaliación continua (prácticas con apoio das TIC (20%) e
seminario (10%)).

Opción B: Os alumnos que non se
acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que
abarcará unha proba de preguntas de desenvolvemento (70%) e unha proba de
resolución de exercicios (30%).

Independentemente de se é a opción A ou a opción B, aínda que tanto na
primeira como na segunda oportunidade a nota final será a media ponderada entre
a parte de preguntas de desenvolvemento e a parte práctica , se o estudante non
acada un mínimo de 4 puntos (sobre 10) no exame de preguntas de
desenvolvemento, a nota final da materia non superará os 4 puntos.

 

- Convocatoria Fin de Carreira:

O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente
cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota. 

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso académico 2020-21. En caso de conflito ou
disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina Web
da FCETOU.

É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización
dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o
alumno non realice o exame en cuestión.

 

 

 

 

 

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000