Ante o elevado nivel de incerteza debido á imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, establécense neste apartado uns planes alternativos. Dentro das limitacións existentes, preténdense anticipar algúns aspectos relevantes que atinxen ao desenvolvemento desta materia no caso de que se restrinxa a actividade docente presencial (modalidade mixta) ou se suspenda (modalidade online).
1) Modalidade mixta
1.1 Adaptación das metodoloxías
- Nas Leccións maxistrais, nas Prácticas con apoio das TIC e no Seminario que finalmente se impartan de forma presencial procurarase incidir nos aspectos máis relevantes da materia e guiar aos estudantes na súa aprendizaxe autónoma fora da aula. Tamén se fará fincapé naqueles contidos que poidan revestir unha maior complexidade, coa previsión de alixeirar a carga do proceso de autoaprendizaxe.
- A metodoloxía anterior podería ser complementada con actividade docente no Campus Remoto e co uso da plataforma de Teledocencia Faitic como reforzo.
1.2 Avaliación
Nesta sección descríbense os cambios respecto ao escrito nos apartados desta guía: Avaliación e Outros comentarios sobre a Avaliación.
Os exames serán presenciais salvo que as autoridades académicas estipulen o contrario. Todos os alumnos en cada opción serán avaliados da mesma forma. De ser necesaria a avaliación virtual, levaríase a cabo mediante o Campus Remoto e/ou Faitic.
- Xuño 2021:
Opción A:
No caso de que se suspendera a avaliación presencial e o alumno xa se avaliara dalgunha proba presencial parcial, manteríase a súa cualificación coa respectiva ponderación.
No caso de que a avaliación fose virtual, contémplase o seguinte cambio no esquema de avaliación inicial (o resto permanecería igual):
A parte de Exame de preguntas de desenvolvemento (70%) podería substituírse por outras modalidades de avaliación. Para o devandito peso do 70% (ou para o que restase por avaliar) poderíanse empregar as modalidades Exame de preguntas obxectivas e/ou Exame oral.
Opción B:
No caso de que a avaliación fose virtual, poderíase aplicar o cambio na modalidade de avaliación Exame de preguntas de desenvolvemento (70%) comentado na opción A.
Recuperación:
- Xullo 2021
Tanto na Opción A como na opción B poderíase aplicar o cambio na modalidade de avaliación Exame de preguntas de desenvolvemento (70%) previsto arriba.
1.3 Titorías
Os estudantes poderían ser atendidos no despacho virtual do profesor no Campus Remoto. Sería necesario a concertación previa vía correo electrónico.
2) Modalidade online
2.1 Adaptación das metodoloxías
A actividade docente impartiríase mediante o Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
O profesor facilitaría mediante a plataforma de teledocencia Faitic guías de apoio e materiais didácticos para facilitar o traballo autónomo por parte do alumnado, en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade.
2.2 Avaliación
Igual que no apartado 1.2.
2.3 Titorías
Igual que no apartado 1.3.
|