A avaliación continua consta de dúas probas escritas que se farán ao longo do cuadrimestre. Para superar estas probas é necesario alcanzar en cada unha delas unha puntuación de 5 sobre 10. Estas probas supoñen o 100% da nota. Considérase que un alumno está en avaliación continua se se presenta a algunha das probas parciais. Se un estudante suspende algunha das dúas probas parciais expostas, poderase presentar á convocatoria oficial de maio coa/s parte/s non superada/s. Aqueles estudantes que optasen pola avaliación continua, en maio serán
avaliados polas notas obtidas nos exames realizados (100%). Se no examen
de maio ten que recuperar algún dos parciais, e o suspende, a nota
final será a correspondente a este examen. Os alumnos que non superen a materia no convocatoria de maio, poderán presentarse á convocatoria de xuño onde se lles examinará da totalidade da materia, e serán calificados ca nota obtida no examen. Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá
optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100%
da cualificación. Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o
100% da cualificación. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias
son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Centro para o curso 2020-2021 En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |