O exame de preguntas obxectivas poderá segmentarse mediante probas parciais. - Para a edición de xaneiro haberá dúas formas de avaliación: Opción A: consistirá no sistema de avaliación continua que se acaba de expoñer. Entenderase que o alumno se acolle a este sistema de avaliación continua cando se presente a algunha das metodoloxías/probas de avaliación descritas. Anunciarase a principio de curso un cronograma donde aparecen as datas das distintas probas de avaliación continua. Se poderá establecer unha nota mínima no exame de preguntas obxectivas para poder supera-la asignatura. Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Faitic antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan. Opción B: O estudante que non se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun exame final do 100% da nota na data oficialmente establecida. - Para a edición de xullo a avaliación consistirá na realización dun exame do 100% da nota na data oficialmente establecida. - Na convocaria de Fin de Carreira a avaliación consistirá na realización dun exame do 100% da nota na data oficialmente establecida. Tanto para a edición de xullo como para a convocatoria de Fin de Carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados do aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xaneiro. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-21. |