Resolución de problemas |
Avaliación continua ao longo das sesións presenciais do curso. Consiste na resolución, de maneira individual ou en grupo, de cuestións expostas, orientadas e supervisadas polo profesorado, sobre a materia. Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia. |
40 |
|
B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B13 B14
|
C5 C6 C7 C8 C9 C10 C12
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba/s para avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos, así como a aplicación dos coñecementos adquiridos para a resolución e interpretación de problemas e situacións no ámbito empresarial.
Esta/s proba/s poderán consisitir en cuestións test, exercicios, resolucións de casos prácticos e/ou preguntas de razoamento.
É preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos exames que se realicen. |
60 |
|
B5 B12
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C12
|
|
Primeira oportunidade (maio): Alternativa a) Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación. Alternativa b) Só para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final. Segunda oportunidade (xuño-xullo): Alternativa a) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún exame. Estes exames poderán recuperarse na data oficial de xuño-xullo establecida para a avaliación da materia. O alumnado que se atope nesta situación tería unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade (maio). A nota numérica que lle aparecería en actas na primeira oportunidade (maio) sería a correspondente á media ponderada das diferentes probas de avaliación, e en caso de que a media dese aprobado, apareceríalle unha cualificación de 4,9. Alternativa b) Exame global dos contidos da materia na data oficial de xuño-xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.
Estrutura dos exames do 100% (Alternativas b): - Unha primeira parte de cuestións relativas a conceptos básicos da materia. Será necesario obter unha nota mínima (7 sobre 10) nesta parte da proba para poder realizar a seguinte parte.
- Unha segunda parte consistente en cuestións de relacionamento, casos prácticos, exercicios, preguntas tipo tema, etc.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021. No caso de conflito ou disparidade entre datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. Observación importante:
Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso na materia na convocatoria na que se detecte a copia ou plaxio.
|