Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Administrativa
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Mantense o plan de continxencias cas seguintes adaptacións:

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
a) Sistema de avaliación continua.
Na parte teórica a avaliación determinarase mediante a comprobación da asistencia virtual e a participación nas clases a través do campus remoto e a plataforma de teledocencia Faitic sen perxuicio doutras medidas que se poidan adoptar para garantir á accesibilidade do alumnado ós contidos docentes.
Na parte práctica o modo de verificar a asistencia será a través dos sistemas que, no seu caso, se adopten para impartir as clases.
b) Sistema de exame final único: non hai modificacións en relación ca sistemática das clases presenciais.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Parte teórica
Para preparar o exame de habilitación nacional dividirase a materia en atención os seis bloques temáticos integrados no programa. En cada sesión o profesor realizará unha exposición introductoria, a través de presentacións power points e esquemas dixitais, en relación cos temas que presenten unha maior trascendencia práctica para, na segunda parte de cada clase, analizar e confrontar cos alumnos os tests de preguntas que, con anterioridade a cada sesión lectiva, poranse a disposición dos alumnos na plataforma Faitic/Moodle. Fomentarase a docencia interactiva mediante a posta en común das solucións por cada alumno de forma individual e incentivarase a creación de equipos para o debate e resolución das preguntas formuladas polo profesor.
Parte práctica
Adoptaranse as solucións e medios mais adecuados para que os alumnos acaden a práctica necesaria para desenvolver a actividade profesional no ámbito Contencioso Administrativo, dando especial preferencia á plataforma FAITIC na forma en que se ven utilizando.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Parte teórica
Utilizarase o despacho virtual ubicado no campus remoto baixo a modalidade de cita previa e correo electrónico.


* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos serán os mesmos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía é común para a docencia presencial e para a docencia on line. Para facilitar o auto-aprendizaxe o estudante poderá acceder ós manuais recomendados, á lexislación, ós formularios e á xurisprudencia a través da biblioteca da UVigo.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mántese o mesmo sistema de avaliación, que se levará a cabo por medios telemáticos a través da plataforma de teledocencia Faitic e o despacho do docente no campus remoto.
* Probas xa realizadas

A puntuación das probas manterase na mesma porcentaxe que na modalidade presencial.

Proba teórica
O exame tipo test realizarase mediante o acceso o despacho virtual do profesor con conexión de audio e video.

Proba práctica:
A exposición e defensa pública do caso práctico desenvolverase polos medios que poidan ser mais oportunos chegado o caso e facilitando igualmente as instruccións correspondentes con antelación suficiente ó alumnado

* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
A mesma puntuación das probas realizadas.
* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
Non se modifican as probas
* Novas probas
Non hai probas novas.
* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000