Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Penal I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: mantéñense as mesmas metodoloxías docentes que se levarán a cabo por medios telemáticos, a través da aula virtual.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): mantense o mesmo mecanismo que se levará a cabo por medios telemáticos, a través do despacho ou da aula virtual.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantense o mesmo sistema de avaliación, que se levará a cabo por medios telemáticos, a través da plataforma de teledocencia e da aula virtual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000