Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nos seminarios exporanse supostos prácticos que o estudante deberá analizar, reflexionar e resolver. O traballo dos estudantes nos seminarios constituirá o 20% da nota final. Resultados de aprendizaxe: Capacidade de argumentar xuridicamente; Capacidade de identificar problemas xurídico-penais e abordar a súa solución de modo multidisciplinar; Capacidade de interpretar criticamente a normativa penal e procesual penal; Capacidade de manexar a oratoria do proceso penal e redactar documentos propios do proceso penal. 20 A2
A3
A4
B2
B3
B5
C2
C3
C4
C5
C8
C10
C13
C14
D2
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba tipo test, cuxa nota constituirá o 30% da nota final. Resultados de aprendizaxe: Resultados de aprendizaxe: Capacidade de argumentar xuridicamente; Capacidade de identificar problemas xurídico-penais e abordar a súa solución de modo multidisciplinar; Capacidade de interpretar criticamente a normativa penal e procesual penal; Capacidade de manexar a oratoria do proceso penal e redactar documentos propios do proceso penal. 30 A2
A3
A4
B2
B3
B5
C2
C3
C4
C5
C8
C10
C13
C14
D2
Estudo de casos Realizarase unha proba de carácter práctico consistente no estudo dun caso. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final. Resultados de aprendizaxe: Capacidade de argumentar xuridicamente; Capacidade de identificar problemas xurídico-penais e abordar a súa solución de modo multidisciplinar; Capacidade de interpretar criticamente a normativa penal e procesual penal; Capacidade de manexar a oratoria do proceso penal e redactar documentos propios do proceso penal. 50 A2
A3
A4
B2
B3
B5
C2
C3
C4
C5
C8
C10
C13
C14
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira oportunidade

O/a estudante debe elexir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final.

a) Avaliación continua

Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o/a estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en:

1. A asistencia e participación activa nas clases, que representa o 20% da cualificación final.

2. Realización dun exame, que representa o 80% da cualificación final.

O exame constará de dúas partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico, consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.

A data e hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2020/2021.

b) Exame final.

O/a estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua ou que quede excluido do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.

A data e hora do exame da primeira oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2020/2021.

2. Segunda oportunidade

A. O/a estudante que se someteu a avaliación continua conservará a nota que obtivo no mesmo. Nestes casos, o exame representa o 80% da cualificación final.

O exame final constará de dúas partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico, consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.

B. O/a estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua ou que quedou excluido do mesmo realizará un exame. Este exame representa o 100% da cualificación da materia.

O exame constará de tres partes:

1) Un exame tipo test, que representa o 30% da cualificación final.

2) Un caso práctico consistente no estudo dun caso. Esta proba representa o 50% da cualificación final.

3) Exposición e defensa pública do caso práctico, a efectos de avaliar a adquisición de competencias da materia, nas mesmas condicións que o/a estudante que se acolleu ao sistema de avaliación continua. Esta proba representará o 20% da cualificación final.

A data e hora do exame da segunda oportunidade serán as previstas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso 2020/2021.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000