Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía-Ourense
 Materias
  Práctica Civil I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que manteñen
Manteñense íntegramente as metodoloxías docentes consistentes na resolución de supostos e casos prácticos mediante seminarios que se realizarán íntegramente ou parcialmente on line na modalidade (docencia non presencial ou mixta) que determineno seu caso a resolución reitoral para atender a unha eventual emerxencia sanitaria, a través da plataforma de teledocencia e o campus remoto da Universidade de Vigo.

* Metodoloxías docentes que se modifican

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
As tutorías realizaranse por medio do campus virtual na modalidade on line no despacho virtual do docente.

* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Manuais e formularios, esquemas, doctrina e xurisprudencia virtuais recomendados que se atopan a disposición do alumnado na página web www.tirantonline.com a disposición de todos los alumnos por medio de la biblioteca da Universidade de Vigo.

* Adaptación da evaluación:
As probas de evaluación se realizarán e computarán do mesmo xeito pero, nese caso, a súa realización levarase a cabo por medio de faitic e a asistencia a clases contabilizarase, con independencia de que a súa impartición sexa presencial ou virtual a través do campus remoto, para aqueles que opten pola modalidade de evaluación continua, os que non, leerán e defenderán o caso práctico por medio do campus remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000