Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa intención -ou non- de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os profesores da materia proporcionaralle un documento que aquel deberá cubrir e asinar. Primeira oportunidade de exame (convocatoria de Xaneiro) A.- O alumnado que se acolla ao sistema de avaliación continua Deberá asistir regularmente ás clases presenciais e será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba (asistencia, estudo/resolución de casos, exposicións -30% da cualificación- e proba final obxectiva -70%- composta de preguntas curtas). Este alumnado nunca será avaliado mediante un exame final que represente o 100% da cualificación da materia. B.- O alumnado que non cubra e asine o documento presentado Non terá dereito a ser avaliado de acordo cun sistema de avaliación continua. Por tanto, este alumnado deberá someterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa cualificación final. Segunda oportunidade de exame (convocatoria de Xullo) No exame da convocatoria de Xullo só se realizará unha proba final obxectiva. A valoración desta proba dependerá de se o/a alumno/a se acolleu ao sistema de avaliación continua (70% da cualificación final), ou non (100% da súa cualificación). Así, ao alumnado que se someteu ao sistema de avaliación continua, conservaráselle a nota do devandito sistema. Isto é, se non aprobase a materia na convocatoria de Xaneiro (primeira oportunidade de exame), non por iso perdería a cualificación obtida ao longo do proceso de avaliación, xa que se lle conservaría tal nota. Con todo, se non aprobase a materia nos dous citados exames do curso académico (Xaneiro e Xullo), pasando a outro curso académico diferente, tería que, obrigatoriamente, someterse de novo ao proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva. Con iso quérese pór de manifesto que as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua non se gardan dun curso académico para outro. Convocatoria de Fin de Carreira: No exame da convocatoria de Fin de Carreira só se realizará unha proba final obxectiva, cuxa valoración será o 100% da cualificación final. As competencias avaliadas e os resultados da aprendizaxe son os mesmos para todo o alumnado, con independencia de que se escollese o sistema de avaliación continua ou non, ou mesmo que se trate da avaliación de alumnado en convocatoria de fin de carreira. DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as que se especifiquen no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2020-21. |