Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil europeo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia e participación activa nas clases.

Resultados de aprendizaxe: O alumno deberá coñecer e comprender a normativa da Unión Europea referida á materia xurídico-mercantil en diversos sectores económicos, manexar con soltura as fontes xurídico-mercantil en diversos sectores económicos, manexar con soltura as fontes xurídico-comunitarias referidas ao devandito ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
10 A1
A4
B1
B3
C82
C83
D1
D2
Seminario Os alumnos que se sometan a avaliación continua realizarán, o longo das
sesións presenciais, exposicións, exercicios, casos prácticos, cuestionarios ... que versarán sobre os contidos da materia obxecto de estudo.

Resultados de aprendizaxe: O alumno deberá coñecer e comprender a normativa da Unión Europea referida á materia xurídico-mercantil en diversos sectores económicos, manexar con soltura as fontes xurídico-mercantil en diversos sectores económicos, manexar con soltura as fontes xurídico-comunitarias referidas ao devandito ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
30 A3
A4
B3
B4
C84
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Todos os alumnos, con independencia do sistema que adopten
(avaliación continua ou non), deberán realizar unha proba obxectiva sobre
os contidos da materia. A proba para a avaliación das competencias adquiridas inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.

Resultado de aprendizaxe: O alumno deberá coñecer e comprender a normativa da Unión Europea referida á materia xurídico-mercantil en diversos sectores económicos,
manexar con soltura as fontes xurídico-mercantil en diversos sectores económicos, manexar con soltura as fontes xurídico-comunitarias referidas a devandito
ámbito e resolver problemas xurídicos relacionados coa materia obxecto de estudo.
60 A1
A4
B1
C82
C83
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, os alumnos deberán manifestar a súa intención -ou non- de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, o profesor da materia proporcionaralles un documento que aqueles deberán cubrir e asinar.

I.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PRIMEIRA CONVOCATORIA:

A.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua para a súa superación deberá asistir regularmente ás clases (mínimo dun 80%) e será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba (asistencia, seminario -40% da cualificación- e proba final obxectiva -60% da cualificación-). Os alumnos que superen a evaluación continua nunca serán avaliados mediante un exame final que represente o 100% da cualificación da materia.

B.- O/a alumno/a que non cubra e firme o documento presentado polos profesores da materia, ao comezo do curso, non terá dereito a ser avaliado de acordo cun sistema de avaliación continua. Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou non a superasen deberán someterse a unha proba final obxectiva (exame final) que representará o 100% da súa cualificación final. Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.
Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes.

II.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA SEGUNDA CONVOCATORIA:

No exame da segunda convocatoria só se realizará unha proba final obxectiva, cuxa valoración dependerá de si o alumno superase o sistema de avaliación continua (60% da cualificación final), ou non (100% da súa cualificación).
Así, aos alumnos que superasen o sistema de avaliación continua, conservaráselles a nota do devandito sistema. Isto
é, se o/a alumno/a non aprobase a materia na primeira convocatoria, non por iso perdería a cualificación obtida ao longo do proceso de avaliación, xa que se lle conservaría dita nota. Con todo, se o/a alumno/a non aprobase a materia nos dous citados exames do curso académico (primeira e segunda convocatoria), pasando a outro curso académico diferente, tería que, obrigatoriamente, someterse de novo ao proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva. Con iso quérese pór de manifesto que as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua non se gardan dun curso académico para outro.

Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.
Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes.

III. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:

No exame da convocatoria de Fin de Carreira só se realizará unha proba final obxectiva, cuxa valoración será o 100% da
cualificación final. Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.
Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes.

DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2020/2021.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000