Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que a/ alumna/o terá que demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).
Para as/os alumnas/os que se sometan ao sistema de avaliación continua, esta proba representará o 70% da súa nota final.
Para as/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua, a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
70 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas Nos Seminarios realizaranse probas de resposta curta exclusivamente ás/ós alumnas/os que se sometan ao sistema de avaliación continua. A nota media dos distintos exames de preguntas obxectivas constituirá o 20% da nota final de ditas/os alumnas/os.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
20 A1
A2
A4
B1
B2
B4
C18
C19
Observación sistemática O profesorado, a través de diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc.), valorará a participación activa e a calidade das intervencións deste tanto nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios.
A participación activa e de calidade do alumnado acollido a avaliación continua suporá o 10% da súa nota final.
Resultado de aprendizaxe: Coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que incumben aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C18
C19
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, ao comezo do cuadrimestre académico, se lle proporcionará ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 1ª EDICIÓN DE ACTAS.-

 1.- Ao comezo do cuadrimestre, a/o alumna/o deberá manifestar a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. A tal fin, os profesores da materia lle proporcionarán un documento que a/o alumna/o deberá cubrir e asinar nun determinado prazo. Este documento será vinculante, de modo que as/os alumnas/os que o asinen NON poderán, con posterioridade e durante ese curso académico, cambiar de sistema de avaliación.

2.- A/o alumna/o que se acolla ao sistema de avaliación continua, subscribindo o documento sinalado no punto anterior, será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final (70%), probas de resposta curta (20%) e participación activa e de calidade (10%).

Na proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da calificación e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/o alumna/o deberá acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. De non acadar esa nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a correspondente á da avaliación continua obtida ao longo do curso -probas de resposta curta (20%) e participación activa e de calidade (10%)-.

A mencionada proba final terá lugar na data, lugar e hora sinalados no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021.

 3.- As/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua realizarán unha única proba final na que se avaliarán todas as competencias da materia e que constará de dúas partes: un exame teórico e oral, que suporá o 70% da súa calificación final; e un exame práctico e escrito (que será diferente ao que realice o alumnado sometido a avaliación continua), o cal suporá o 30% da súa nota final. 

A citada proba final terá lugar na data, lugar e hora sinalados no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021.

4.- Advertencia para todo tipo de alumnado (con o sen avaliación continua): o estudante que concurra a unha soa das probas do exame final (proba oral e teórica ou proba escrita e práctica) será calificado como "Non Presentado".

5.- As competencias a avaliar serán, para todo o alumnado, as indicadas máis arriba no apartado "Avaliación". Os resultados de aprendizaxe tanto para o alumnado que se someta a avaliación continua como para o que opte polo sistema de proba final única serán os mesmos: coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España, así como as que atinxen aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 2ª EDICIÓN DE ACTAS.-

 1.- No exame de xuño/xullo sólo se realizará unha proba final, que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia). A citada proba final terá lugar na data, lugar e hora sinalados no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021. 

2.- As/os alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtiveron no curso e que representará o 30% da súa calificación total (20% de probas de resposta curta e 10% de participación activa e de calidade). O 70% da nota restante provirá da mencionada proba final. Na devandita proba final, o exame de teoría e oral suporá o 80% da nota e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, a/o alumna/o deberá acadar unha nota mínima de 4 sobre 10 nesa proba final para que se lle teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. De non acadar dita nota mínima, a cualificación que se reflectirá na acta será a correspondente á da avaliación continua obtida ao longo do curso.

Para as/os alumnas/os que se someteron ao sistema de avaliación continua e que non superen a proba final, nin na primeira nin na segunda oportunidade de exame, a nota obtida a través do devandito sistema se lles poderá conservar no curso académico seguinte.

3.- Para as/os alumnas/os que NON se sometan a avaliación continua a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico oral e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito. En ambas probas avaliaranse todas as competencias da materia. A proba práctica escrita será diferente á que realice o alumnado sometido a avaliación continua.

4.- Advertencia para todo tipo de alumnado (con o sen avaliación continua): o estudante que concurra a unha soa das probas do exame final (proba oral e teórica ou proba escrita e práctica) será calificado como "Non Presentado".

5.- As competencias a avaliar serán, para todo o alumnado, as indicadas máis arriba no apartado "Avaliación". Os resultados de aprendizaxe tanto para o alumnado que se someta a avaliación continua como para o que opte polo sistema de proba final única serán os mesmos: coñecer, interpretar e aplicar as normas reguladoras do poder financeiro en España,  asi como as que atinxen aos ingresos, con especial referencia ao tributo, e ao gasto público.

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.-

 O exame da convocatoria de Fin de Carreira será unha proba escrita con dúas partes, teórica e práctica, cuxa cualificación conformará o 100% da nota final e avaliará todas as competencias da materia e os resultados de aprendizaxe sinalados nesta guía docente. Dita nota estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico. No exame de Fin de Carreira non se terá en conta a nota de avaliación continua que o alumnado, no seu caso, obtivese no curso académico anterior. O estudante que concurra a unha soa das probas do exame de Fin de Carreira (proba teórica ou proba práctica) será calificado como "Non Presentado".

O exame de Fin de Carreira terá lugar na data, lugar e hora sinalados no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico 2020-2021.

ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA AS/OS ALUMNAS/OS QUE SOLICITEN SER EXAMINADOS POR TRIBUNAL (SÓ PARA ALUMNADO QUE SE ATOPE EN 4ª MATRÍCULA E SEGUINTES).-

 O exame constará de dúas partes (práctica e teórica) e será exclusivamente escrito.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000