Guia docente 2020_21
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O sistema de avaliación continua consistirá na entrega da resolución de exercicios e nun exame final.
Valorarase positivamente a resolución argumentada e entregada a través da plataforma de teledocencia dos exercicios sinalados polo profesorado. Outorgaranse 2 puntos na cualificación final a quen entregue resoltos o 100% dos exercicios. No caso de que non se entregue o 100% dos exercicios, o/a alumno/a non poderá acollerse ao sistema de avaliación continua, debendo someterse a un único exame final.
Mediante a resolución de problemas e/ou exercicios avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xuridicamente a solución.
20 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas Para quen se someta á avaliación continua, o exame final puntuarase sobre un máximo de 8 puntos.
O exame final comprenderá a totalidade do temario e constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 4 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes.
O exame final celebrarase na data oficial da convocatoria ordinaria para a primeira oportunidade, atendendo ao calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021.
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma das puntuacións antes indicadas en cada parte (resolución e entrega de exercicios + parte teórica do exame + parte práctica do exame).
Mediante estas probas avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal, coñecer as fontes do Dereito penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría xeral do delito, coñecer e comprender os problemas sobre os concursos de leis e delitos, resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xuridicamente a solución.
80 A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
C43
C44
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1.ª EDICIÓN DE ACTAS

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
Descríbese nos apartados anteriores.
b) SISTEMA DE EXAME FINAL
Para quen non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-2021.
O devandito exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en
probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.

As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o alumnado non se somete á avaliación continua coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete á avaliación continua, salientando as seguintes competencias: CB2, CB3, CG1, CG2, CG3, CG4, CE43, CE44, CT1, CT5, e os seguintes resultados de aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal; coñecer as fontes do Dereito penal; utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica
aplicados ao Dereito penal; coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as
categorías e conceptos da Teoría Xeral do Delito; coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente a
Teoría da Pena; coñecer e comprender os problemas sobre os concurso de leis
e de delitos: resolver supostos prácticos en materia penal, manexando
adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar
xuridicamente a solución.

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 2.ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA
A avaliación da materia consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-20201.
O devandito exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes.

As competencias que se avalían e os resultados de aprendizaxe para o
alumnado que se acolla a estas oportunidades de avaliación  coinciden cos establecidos para o
alumnado que se acolle á avaliación continua, salientando as seguintes competencias: CB2, CB3,
CG1, CG2, CG3, CG4, CE43, CE44, CT1, CT5, e os seguintes resultados de
aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal; coñecer
as fontes do Dereito penal; utilizar os diferentes métodos de
interpretación xurídica
aplicados ao Dereito penal; coñecer, comprender, interpretar e analizar
adecuadamente as
categorías e conceptos da Teoría Xeral do Delito; coñecer, comprender,
interpretar e analizar adecuadamente a
Teoría da Pena; coñecer e comprender os problemas sobre os concurso de
leis
e de delitos: resolver supostos prácticos en materia penal, manexando
adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar
xuridicamente a solución.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000