Observacións xerais
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios, prácticas e probas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade."
O alumno poderá elixir o sistema de avaliación que lle será aplicado na materia. Para iso debe optar, nos primeiros 15 días do cuadrimestre, entre avaliación continua ou avaliación final (un único exame ao final do cuadrimestre). Para tal fin, habilitarase un contrato que deberá ser asinado por todo aquel alumno que desexe seguir un método de avaliación continua. Se algún alumno non asina este contrato enténdese que opta pola avaliación final (un único exame ao final do cuadrimestre).
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-21.
Criterios xerais de avaliación
A materia divídese en dous partes: contidos teóricos (20%) e contidos prácticos (80%).
Os contidos teóricos avaliaranse mediante probas de resposta curta (10%) e exame de preguntas obxectivas (10%).
A parte de contidos prácticos divídese en catro bloques:
1. Bases de datos xurídicas (15%) que se avaliará mediante exame de preguntas obxectivas.
2. Procesador de textos avanzado (15%) realizaranse probas prácticas que se avaliarán mediante rúbricas.
3. Folla de cálculo (15%) que se avaliará mediante exame de preguntas obxectivas.
4. Redes (35%) realizaranse probas prácticas que se avaliarán mediante rúbricas.
A nota final obterase aplicando a seguinte fórmula para o cálculo da media ponderada:
Nota teoría x 20% + nota bases de datos xurídicas x 15% + nota procesador de textos avanzado x 15% + nota folla de cálculo x 15% + nota redes x 35%
Será necesario, para poder aplicar esta fórmula e calcular a nota final, obter unha cualificación mínima de 4 en cada un dos bloques nos que se divide a materia.
Para superar a materia o alumno debe obter, como nota final, unha cualificación igual ou superior a 5.
Si nalgún dos bloques o alumno obten unha nota inferior a 4, ainda que a nota media sexa igual ou superior a 5, a materia estará suspensa e a cualificación final que figurará en acta será Suspenso (4).
Criterios de avaliación para asistentes 1ª edición de actas
Todos os alumnos que asinen o contrato serán avaliados de maneira continua mediante a realización de probas e actividades, desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación, descritos no apartado anterior.
Criterios de avaliación para non asistentes 1ª edición de actas
Todos os alumnos que non asinen o contrato serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente.
Competencias avaliadas: as
mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.
Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema
de avaliación para asistentes.
Criterios de avaliación para 2ª edición de actas e fin de carreira
Na segunda oportunidade (Xullo) e na convocatoria de fin de carreira os estudantes serán avaliados cun exame final único (100% da nota) que englobará todo o visto ao longo do cuadrimestre, aplicando os criterios xerais de avaliación descritos anteriormente.
Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.
Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes.