Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Técnicas non destructivas para a avaliación do patrimonio cultural inmoble
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Os resultados da aprendizaxe son a capacitación do alumno para a documentación mediante técnicas non destrutivas dos bens patrimoniais. Preténdese que o alumno sexa capaz de documentar as características físicas, formais e o estado de conservación do patrimonio cultural inmoble e a súa contorna inmediata. 80 A2
B2
B3
C2
C7
D4
D5
Observación sistemática O alumno realiza un seguimento da docencia, así como das prácticas e seminarios a través das ferramentas telemáticas. Os resultados da aprendizaxe son a capacitación do alumno para a documentación dos bens patrimoniais mediante técnicas non destrutivas. 20 A2
B2
B3
C2
C7
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a
normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación. A primeira leva a cabo
durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia
da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os
traballos previstos, habilitarase a plataforma de docencia dúas semanas
adicionais, ao final do cuadrimestre, para facilitar a dita entrega,
establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas. A segunda avaliación realízase
no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á
plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000