Lección maxistral |
Exposición esquemática polo profesorado dos contidos da materia, bases teóricas e directrices sobre os traballos e exercicios a desenvolver polo alumnado. |
Estudo de casos |
Análise dun problema ou caso real relacionado coa materia, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, diagnosticalo e profundar en procedementos alternativos de solución, para ver a aplicación dos conceptos teóricos na realidade. Empregarase como complemento das clases teóricas para o autoaprendizaxe. |
Resolución de problemas |
Actividades orientadas á formulación de problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións idóneas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación
de fórmulas ou algoritmos, a aplicación
de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. |
Traballo tutelado |
Elaboración de documentos sobre a temática da materia de xeito individual ou en grupo ou preparación de investigacións, memorias, ensaios, etc. |