Guia docente 2020_21
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
 Materias
  Tecnoloxías SIG para o Inventario do Patrimonio Cultural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa
dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores
involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc.
Os resultados de aprendizaxe avaliados refírense á capacidad para o
deseño de bases de datos, cartografía, así como para a xestión e
redacción de metadatos.
40 A2
B2
C5
C6
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun
documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios,
investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son a capacidade de xestionar
grandes cantidades de datos documentais en diversos formatos, para
que cooperen na labor común de xestión do patrimonio cultural.
60 A2
B2
C5
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira leva a cabo durante o cuadrimestre de docencia, establecéndose un cronograma de entrega de tarefas.

A segunda avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente.

Na convocatoria extraordinaria de Xulio os criterios de avaliación serán os mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000