Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Humanidades
 Materias
  Economía, Administración de Empresas e Comercio na Educación Secundaria
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En caso de circunstancias excepcionais e segundo a instrución da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado 3/2020, sobre a elaboración das guías docentes para o curso 2020/21 no caso de impartición das materias en modalidade non presencial a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto utilizando a plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de concertación previa.

O sistema de avaliación será a través de Campus Remoto e Faitic, coa debida adaptación a estas plataformas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000