Estudo de casos |
Análise de casos e situacións. Participación activa nas sesións |
20 |
|
|
C15 C16 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C23 C24 C25 C26 C27
|
D3
|
Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización do traballo para a
avaliación continua é obrigatoria. Por causas xustificadas está permitido faltar, como máximo, ao 20% das sesións
presenciais das diferentes partes da materia.
Os prazos das entregas das actividades, traballos, etcétera. serán comunicados polos profesores e é necesario cumprilos
para ser cualificados na avaliación continua.
O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá que presentar os traballos que se lle encomenden que
non tivera realizado dentro das actividades presenciais e unha proba escrita na data que marque o calendario do mestrado
para os exames oficiais (será feita pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 80% da puntuación e terá preguntas
de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia. O restante 20% da puntuación virá determinado pola
valoración dos traballos desenvolvidos.
Cualificación numérica de 0 a 10 segundo lexislación vixente (RD 1125/2003). Para superar a materia será necesario sacar un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes na que se divide a asignatura.
A nota final é única e será fixada por acordó dos profesores do módulo en base as cualificacións de cada parte, para iso terase en conta á diferente carga de traballo de cada unha das partes.
A convocatoria extraordinaria será un examen e/ou a realización de traballos sobre os contidos da materia. |