Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Humanidades
 Materias
  Innovación e Investigación nas Ciencias Sociais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
En caso de crise sanitaria que obrigue a utilizar as modalidades mixta e non presencial se levaran a cabo as seguintes adaptacións:
MODALIDADE MIXTA: neste caso algunhas das clases poden ser por Campus Integra en función do número de estudantes e a capacidade estimada da aula. A estimación inicial é que as clases prácticas se desenvolvan de xeito presencial polo que o sistema de avaliación sería o mesmo que para a modalidade presencial.
MODALIDADE NON PRESENCIAL. Neste caso todas as sesións serían por Campus Remoto. O sistema de avaliación sería o mesmo que para a docencia presencial soamente que as actividades se desenvolverían a través de Faitic e/ou por Campus Remoto.

No caso de estudantes que non sigan a materia ao longo do cuadrimestre, non superando e/ou entregando as distintas actividades propostas terán que facer un exame tipo test sobre o contido da materia a través de Faitic.

As sesións de titorización que fosen necesarias realizaranse por medios telemáticos baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000