Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Organización da Aula-Obradoiro de Tecnoloxía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

As clases maxistrais realizaranse igual, tanto nunha posible modalidade semipresencial coma non presencial. Serán feitas a través da ferramenta adecuada e decidida pola universidade en cada momento, sendo probablemente unha combinación de Faitic e o Campus Virtual da Universidade de Vigo. No caso non presencial as clases poderán ser gravacións postas a disposición polo profesor nas plataformas indicadas anteriormente.

* Metodoloxías docentes que se modifican

No caso semipresencial e non presencial as prácticas de laboratorio poderán ser sustituidas por prácticas por ordenador onde se realizarán experimentos típicos da materia mediante simulacións que representen o laboratorio. O recurso a utilizar indicarase polos medios axeitados, como comunicación vía Faitic, con tempo suficiente para a súa preparación e realización.

As exposicións de traballos levaranse a cabo por videoconferencia.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

Titorías por videoconferencia, usando o campus virtual da UVigo. Deberán ser axendadas co profesor mediante correo electrónico previo.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Non hai modificacións aló de que as explicacións e traballo de simulación de laboratorio serán explicadas sobre a plataforma elexida en lugar de con aparatos físicos no laboratorio.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

Suministrarase vía Faitic no momento do comenzo das clases. En calquera caso os apuntamentos e bibliografía xa existente deberan ser suficientes.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

No caso da modalidade non-presencial cando a alumna ou alumno deba facer o exame tras non ter superado a materia por avaliación contínua, a devandita proba realizarase ben a través de un cuestionario/exame en Faitic ou de xeito oral e individual a través do Campus Virtual da Universidade de Vigo. Tamén existe a posiblidade de que se utilicen ambas opcións combinadas según o profesor da materia decida que é preciso para unha correcta avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000