Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Deseño de Investigacións e Propostas Innovadoras en Ciencias Experimentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Entrega traballos coas características que se sinalan e que serán corrixidos de acordo coas rúbricas de avaliación 20 B3
B10
B16
B18
C1
C2
C4
C9
C13
C14
C24
C27
D1
D2
D3
Seminario Asistencia para consulta e seguimento de traballos 10 B16
C24
C27
D3
Presentación Presentación e exposición dos proxectos e traballos de investigación de acordo cos criterios marcados pola rúbrica 20 B3
B16
C24
C27
D1
Traballo tutelado Entrega traballos individuais e elaborados en equipos cooperativos, ben separados ou nun redactado conxunto tipo diario de aula. 20 B3
B10
B16
B18
C1
C2
C4
C10
C14
C24
C27
D1
D2
D3
Debate Asistencia e participación activa 10 B3
B10
B16
B18
C1
C2
C4
C10
C14
C24
C27
D1
D2
D3
Lección maxistral Asistencia 20 B5
B16
C2
C10
C12
C13
C24
C27
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado, asista ou non á aula, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo que se estableza na guía docente)

O alumnado que asistiu a clase:

  • A avaliación será continua a través do seguimento do alumnado, dos seus traballos, proxectos e exposicións, así como da asistencia e participación na aula e nas titorías. Cada alumna e cada alumno confeccionará ademais un traballo individual e subirao á sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC-, o traballo consistirá nunha recompilación persoal de estratexias desenvolvidas na aula con ampliacións, achegas e reflexións propias.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado  (No caso de que non se poida
    levar a cabo a modalidade de ensinanza presencial pola evolución da alerta
    sanitaria provocada pola COVID-19, eliminarase este requisito de asistencia
    para levar a cabo esta avaliación e seguirase o indicado no Plan de
    Continxencias).

     

    O alumnado que non asistiu a clase:
    • O alumnado que non asistíu a clase ou que non poida ser avaliado por avaliación continua por faltar máis dun 20% das clases da materia, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar un traballo individual sobre o contido da materia ou un exame (proba escrita presencial sobre o contido da materia).

    Avaliación da 2ª convocatoria:

    • Para obter unha avaliación positiva o alumnado que asistiu regularmente a clase, poderá optar por presentar as tarefas e traballos pendentes indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame (proba escrita presencial sobre o contido da materia)
    • O alumnado que non asistiu a clase, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar un traballo individual sobre os contidos da materia ou un exame (proba escrita presencial sobre o contido da materia)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000