=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as Administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías docentes.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se producen modificacións das metodoloxías docentes.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (FaiTic, UVigo), Campus Remoto (enlace en FaiTic) e correo electrónico.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Para facilitar o acceso online á bibliografía o profesorado ampliou no posible as referencias a recursos electrónicos e dixitalizados.
* Outras modificacións
Non se realizarán outras modificacións.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Consérvanse as probas e porcentaxes de avaliación da materia.
* Información adicional
A presentación do TFG realizarase a través das aulas do Campus Remoto ou por medio de outras plataformas de videoconferencia. No caso de non resultar posible o emprego das mesmas, tamén poderán empregarse outros recursos de carácter substitutivo (gravación de vídeo, PowerPoint ou similares, etc.). |